viernes, 31 de agosto de 2012

MACARON

Son uns pasteliños de orixe francesa, feito con clara de ovo, amendoa moida, azucre glass e azucre. Fanse con unha ampla variedade de colores e sabores. Caracterizanse por una costra cruxiente e un interior cremoso.


Ingredientes:
  • 60 gr de fariña de améndoa
  • 140 gr de azucre glass
  • 2 claras de ovo
  • 25 gr de azucre
  • un belisco de sal
  • 4 gotas de colorante
  • 10 gr de cacao puro en po
Para a ganaché:
  • 90 gr de manteiga
  • 60 gr de azucre
  • 325 gr de cobertura de chocolate
  • 300 gr de tona líquida
Elaboración:
  1. Poñer as claras, azucre, sal e colorante no vaso da termomix. 
  2. Montar o merengue velocidade 3 uns 4 min.
  3. Debe quedar brillante e liso.
  4. Mesturar coa fariña de améndoas e o azucre glass ben e engadir pouco a pouco co merengue de forma envolvente.
  5. Dispoñer sobre unha bandexa con papel antigraxo, cunha separación duns 4 cm e deixar reposar 30 min. Fornear a 150º uns 12 min aprox. 
  6. Para facer os macarons de cacao sustituir por 10 gr de cacao puro en po.
  7. Rechear cunha ganaché de chocolate. 
  8. Desfacer o chocolate co leite, engadir a manteiga e o azucre. 
  9. Debe quedar unha pasta homoxénea.
  10. Rechear os macarons unha vez fría a ganaché.

No hay comentarios:

Publicar un comentario