lunes, 20 de agosto de 2012

Limoada

 
      A limoada é unha bebida de elaboración usualmente caseira, a base de limón, auga, azucre, que pode ou non ter contido alcoholico. En alguns idiomas  a calqueira bebida refrescate  sen alcohol, denominase limoada.
     Unha receita de EE.UU e Canadá mencionan que debese misturar a mesma cantidade en volumen de limón que de azucre e se debe engadir auga catro veces o volume do limón ou azucre. O certo e que existen tantas variantes en receitas como cociñeiros e comensales que a elaboren ou consuman, de xeito que incluso hai receitas de limoada que engaden a estos ingredintes básicos froitas como plátanos ou laranxas, froitas secas, como figos ou pasas e engaden especias como canela ou cravo de olor, deixando repousar a mistura  varios días.
     Existen limoadas moi famosas polo seu contido alcoholico como o limoncello , bebida italiana a base de alcohol e zume de limon, a sangria que se trata dunha mistura de viño con diferentes froitas, algunhas delas citricas.
    Tamen se poden empregar edulcorantes artificiais ou naturais como sucralosa ou stevia, el lugar de azucre. Algunhas persoas engaden un chorriño de auga carbonatada para darlle un toque burbulleante, co que din que resulta mais refrescante.
    Na cidade de León ( España) faise unha limoada similar á sangria, con variedades de viño e é tradicional servila en Semana Santa onde a expresión "matar judíos" significa tomarse limoadas.
 
          
 
     Quedounos unha ampla introducción para un refresco tan sinxelo como a limoada, moi refrescante para o verán.
Ingredintes:
  • 3 limóns
  • 200gr de azucre
  • 2 litros de auga mineral
  • Xeo
Elaboración:
  1. Cortamos os limons en 8  anacos.
  2. Metemos todos os ingredintes xuntos nunha batidora e trituramos todo, colamos e listo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario