Esta crema de verduras que temos hoxe sirvenos para un primer prato o para un acompañamento de carnes, pescados, etc. Queda moi vistosa grazas a suas cores e moi rico en sabor. Ademais e un bo método para aproveitar as hortalizas de tempada. Admite moi ben a conxelación asi que se facemos cantidades grandes, a podemos gardar para un dia que temos presa.
Ingredentes para 4 persoas.
- 2 cabaciñas
- 500 gr de cabaza
- 2 cenorias
- salpementa
- auga
- aceite de oliva
Elaboración.
- Para a crema de cabaciña: Cortar so o lado da pel con algo de carne. Botar nunha pota co fondo cuberto de aceite de oliva quente; remexer e deixar que tome cor.
- Cubrir o fondo con auga, botar un belisco de bicarbonato sódico e cocer uns 15 minutos. Trituralo cun pouco de aceite de oliva e sazoalo. Se fora preciso, retirarlle agua da cocción para que quede espeso.
- Para a de cabaza e cenoria: Facer o mesmo procedemento co anterior.
- Nun prato fondo, botar a vez as dúas cremas facendo unha soa crema. Decorar cun fío de aceite de clorofila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario