lunes, 20 de agosto de 2012

CROQUETAS DE XAMÓN E POLO

A receita de hoxe son duas das mais coñecidas variedades de croquetas ,resulta estraño que alguen non haxa degustado nunca unha croqueta de polo ou de xamón.
Podemos utilizar o polo das sobras do cocido por exemplo,ou cocelo a posta pra receita, sexa como sexa quedan delicicosas. Sumamos esta receita as outras de croquetas que xa fixemos e que podedes ver aquí.



Ingredintes:

  • 1/2 kg de carne de polo cocida
  • 150 gr de xamón serran
  • 2 ovos duros
  • 200 gr de cebola
  • 125 gr de manteiga
  • 125 gr de fariña de forza
  • 1 lt de leite enteira
  • 1 belisco de noz moscada 
  • salpementa

Elaboración:

  1. Nunha media marmita derretimos a manteiga, e engadimos a cebola cortada en brunoise, refogamos ata que este transparente( uns 8 minutos).
  2. Cocelos ovos durante 11 minutos(tamaño M, se son mais grandes engadimos 1 minuto de cocción por tamaño).
  3. Incorparamos á cebola, a fariña de forza tamizada, e remobemos ata formar un roux(cor dourada).
  4. Engadimos o leite ó roux.
  5. A lume lento remexemos ata que a masa despexese das paredes, asi sabese cando esta a masa cocida.
  6. Por último sazoar coas especias.
  7. Dispoñer sobre unha bandexa plástica con papel de film pra que non faga película.
  8. Facer uns buracos pra que respire a masa.
  9. O día seguinte damoslle forma as croquetas.Cortando a masa en porcións que pasamos por fariña, ovo batido ,e pan relado.Podemos conxelalas ou fritilas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario