jueves, 9 de agosto de 2012

Pionono salgado de gambas, tono e polo cocido

 

O pionono e un biscoito humedecido en xarabe, con crema e unha coronilla tostada. Pode ir recheo de tanto con doce coma con  salgado.

     En España, o pionono é un pastel de tamaño pequeno elaborado tradicionalmente en Santa Fe , poboación situada preto de Granada.


            Conta a lenda que o seu nome foi dado en honra ó papa Pio IX( Pio nono segun a pronunciación italiano do nome)  Sen embargo, estudios recentes demostraron que a receita do doce é moi anterior o ano 1897, ano no que se fixo popular. Posiblemente sea un doce de orixe morisco, aninda que o nome si poida sei orixionario de Isla, persoaxe que o popularizou, xa que admiraba profundamente  ó Papa Pío IX por declara-lo dogma da Inmaculada Concepción.
    

  20120803140816

 



Ingredientes para catro persoas:


Bizcoito:

  • 4 ovos.
  • 40 gr. azucre.
  • 125 gr. fariña.
  • 10 gr. sal.
  • 10 gr. mel ou glucosa.
  • 2 gr. impulsor.

 

20120803140734

Recheo:
  • 1 tomate maduro.
  • Unhas follas de leituga.
  • 100 gr. mahonesa.
  • 100 gr. queixo fresco de untar.
  • 1 c/c. salsa de vinagreta.
  • elementos decorativos ao gusto.

20120803140741



Elaboracion:

  1. Preparar a mise-place da receita.
  2. Biscoito: Montar o ovo co azucre, sal, mel ou glucosa, ata que triplique o seu volumen. Por último incorporar a fariña con movementos envolventes.
  3. Verter sobre unha placa de forno co papel sulfurizado extender ben é escudillar. Fornear a 200ºC uns 5 -8 min. aprox.
  4. Para a crema, mesturar a crema de queixo coa mahonesa, rallar o tomate, cortar a leituga en chifonada fina, botar a culler de salsa vinagreta. sazoar lixeiramente e misturar co xénero principal.
  5. Napar o biscoito coa crema rechea cos elementos. Partir o biscoito en tres tiras e supoñer unhas con outras intercalado o recheo. Decorase ao final cunhas aceitunas, tomates cherys, ovos cocidos, tiras de pementos, cánonigos, etc.

 

20120803140749

No hay comentarios:

Publicar un comentario