Este doce é tipico en moitos fogares, unha receita tradicional sinxela de facer e deliciosa. É unha desas receitas que se soe pasar de xeración en xeración co toque típico de cada familia, e que resulta sempre moi boa.
É tamén unha receita adecuada para implicar ós máis pequenos da casa, pedindolles que nos axuden a darlles forma as rosquillas, é un modo de telos entretidos, que lles soe divertir, e que os fai aprender a disfrutar da cociña.
Ingredientes para 4 persoas.
- 500 gr de fariña
- 150 gr de ovos (3 unidades)
- 150 gr de azúcre
- 1 dl de aceite de xirasol
- 1 belisco de sal
- 1 dl de anís
- 1 raladura de limón
- azucre glas
- aceite para fritir
- un chorriño de gaseosa o auga con gas.
Elaboración.
- amasar todos os ingredientes. deixar repousar 30 minutos.
- dividir en porcións, sobre a mesa de mármore e facemos barriñas, e logo unimos nos extremos para formar as rosquillas, deixar repousar uns 10 minutos.
- podese aromatizar o aceite de fritir cunhas peles de laranxa ou limón. Fritir as rosquillas deixándoas cunha cor marron clara. Espolvoréase de azucre glas e canela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario