Ingredintes:
- 2 kg carne picada mixta.
- 1 porro.
- 1 cenoria.
- 2 dentes de allo.
- 1 cabaciña.
- perexel picado.
- 1 bote de tomate fritido.
- 1 bote de tomate triturado.
- 1 vaso de viño branco.
- 1 belisco de ouregano.
- 4 rebanadas de pan de molde.
- 1 dl de leite.
- 2 ovos.
- aceite de olica.
- auga ou caldo vexetal.
- salpementa.
- fariña .
- pan relado.
- 150 gr de chícharos
Elaboración:
- Nun bol grande facemos a mistura da carne,xunto co allo, perexel ben picado,o pan cortado en dadiños e remollados en leite,un vaso de viño branco, un belisco de ouregano,un ovo, salpementa, 2 culleres de pan relado.
- Deixamos reposar 30 minutos.
- Facemos unhas bolas de 2 cm e enfariñamos, pasamos polo ovo e polo pan relado, fritir e manter a parte.
- Cortar todalas hortalizas en paisana, e refogalas nunha pota có fondo cuberto de aceite de oliva.
- Botamos un belisco de sal, remexemos e botamos os dous botes de tomate coas albóndigas, os chícharos e un caciño de caldo vexetal.
- Deixamos cocer por espazo de unha media hora.
- Acompañar de arroz vexetal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario