Ingredientes para 4 persoas.
- 1kg de garabanzos.
- 1 cebola.
- 4 dentes de allo.
- perexel fresco.
- 1/2 kg de gambas.
- salpementa.
- 1 cravo de especie.
- 1 c/g de pementón doce.
- Cocer os garabanzos con auga mineral ata cubrilos.
- Meter unha cebola enteira con tres cravos de especie.
- Unha vez cocidos, cortar os allos en brunoise, ben picadiños, e refogar nunha pota co fondo cuberto de aceite de oliva.
- Saltear as gambas cun chisco de sal e os allos, mesturar cos garabanzos e engadirlle o pementón.
- Botarlle un pouco de fondo de polo.
- Servir quente e espolvorear con perexel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario