lunes, 13 de agosto de 2012

PEMENTOS BICUDOS RECHEOS DE GAMBAS,COGUMELOS E NOCES

    É  un entrante moi sinxelo,apetitoso e facil de comer, no que utilizamos estes versátiles pementos.Os pementos bicudos ou  "do piquillo",son tipicos de España, producense en Lodosa e teñen denominación de orixe protexida. Son facilmente recoñecibles xa que son pementos non moi grandes,nin carnosos, cunha pel dura e de cor vermello encendido.
    O mais particular destes pementos e o modo de preparación para o seu envasado en latas, que é como se soen atopar no mercado. O proceso consiste en asalos nunha superficie de carbón vexetal ou con gas mediante uns bobmbos xiratorios, onde os pementos non deben entrar en contacto coa sua auga para non perder aroma e sabor.
    Un xeito tipico de consumilos é recheos, con multiples e diversas farsas, sendo unha das máis coñecidas recheos de bacallau. Nesta ocasión traemos un recheo un pouco diferente para aportar máis variedade no modo de consumir estes deliciosos pementos.




Ingredintes:

  • 17 pementos do pikllo
  • 140 gr de manteiga
  • 140 gr de fariña de forza
  • salpementa
  • 1 belisco de noz moscada
  • 1 lt de leite
  • 250 gr de gambas
  • 150 gr de noces
  • 250 gr de cogumelos

Elaboración:

  1. Salteamolas gambas e os cogumelos, e os picamos en brunoise;picamos ben as noces.
  2. Facemos unha bechamel coa manteiga e a fariña, mais o leite.
  3. Misturamos todo, traballase coma unha masa de croqueta e recheamos os pementos do pikillo.
  4. Facemos unha salasa coa tona e 5 unidades de pementos de pikillo restantes

No hay comentarios:

Publicar un comentario