lunes, 13 de agosto de 2012

Empanadillas de polo


Nosas empanadillas son un prato que non debemos dedeñar xa que nos dan infinitas posibilidades. Tanto salgadas coma doces, preparanse en pouco tempo e poder ser unha estupenda cea/ merenda que nos resolverá de mais dun apuro.
Hoxe vamos a facelas de polo.

20120802134618

Ingredientes para catro persoas:
Para a farsa:
  • 2 cebolas.
  • Medio pemento verde.
  • Medio pemento vermello.
  • 1 dente de allo.
  • 2 ovos cocidos.
  • 300 gramos de polo desmigado.
  • Perexel picado.
  • 2 culleres e pementon doce.
  • Salpementa.
Para a masa:
  • 1kg de fariña de forza.
  • 40gr de levadura de panadeiro.
  • 20 gr de sal.
  • Un chorriño de aceite de xirasol.
  • Un chorriño de gaseosa.
  • Auga tibia (A que necesite).
Elaboracion da farsa:
  1. Nunha pota metemos todas as hortalizas cortadas en paisana e deixamos pochar a lume baixo ata que este branda. mesturamos co polo e os ovos picados.
Elaboracion da masa :
  1. Desfacemos a levadura nun pouco de auga tibia.
  2. Misturamos todos os ingredintes . amasamos ben  e deixamos que levede durante unha hora.
Montaxe:
  1. Cunha taza facemos a base da masa estirada. Damoslle forma de empanadilla co recheo
  2. Fretimos en aceite abundante .Servese quente

No hay comentarios:

Publicar un comentario