lunes, 13 de agosto de 2012

Frappe de limón


O frappe é unha especie de granizado co que resulta moi refrescante . Se lle engadimos o sabor do limón, froita refrescante por excelencia temos o refresco ideal para ó verán. Apto tanto para maiores coma para nenos. O podemos servir nos vasiños da casa facendo unha ración individual.Resulta moi dexistivo.  Os mais maiores, ó poden acompañar da sua bebida favorita, por exemplo un pouco de ron, tendo así un combinado fresco e delicioso.
Soese empregar para limpa-lo paladar nos banquetes entre carne e peixe.





ingredientes: para catro persoas
  • 250 ml de zume de limón
  • 225 gr de xeo
  • 100 gr de azucre glass

Elaboración:
  1. Triturar os cubiños de xeo co azucre glass na batidora (thermomix)
  2. Engadir o zume de limón e triturar outra  vez ata que quede fino , colocar nun bol de aceiro e metelo no conxelador durante 3-4 horas remexendo de vez en cando.
  3. Dispoñer en  de forma decorativa ; En copas , culleres , ou como mellor nos conveña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario