lunes, 13 de agosto de 2012

Lomo recheo de mazás


É  un prato moi sinxelo,leva moi pouco tempo de preparación ,esta ben rico e sabroso.





Ingredientes para 4 persoas:
  • 1 lomo
  • 4 mazás Golden
  • un belisco de azucre
  • 100 gr de manteiga
  • un anaco de bramante
  • salpementa
  • belisco de canela
  • 1 litro de caldo de pollo
Para as patacas Duquesa:
  • 12 patacas
  • 100 gr de manteiga
  • 1/2 litro de leite
  • belisco de noz moscada
  • salpementa
  • 2 ovos

Elaboración:
  1. Abrimos o lomo, o recheamos con cuartos de mazá.
  2. Envolvemos ben é bridamos co bramante. 
  3. Sazoamos.
  4.  Marcamos nunha tixola con manteiga clarificada (sen impurezas). 
  5. Metemos no forno uns 25 minutos aproximadamente a 175º.
  6. Para a salsa salteamos os cuartos da mazá cun belisco de azucre.
  7.  Engadimoslle un pouco de caldo de polo e deixámolo reducir. 
  8. Triturar e sazoar, botamoslle un belisco de canela.
  9. Cortar o lomo en rodaxas, dispor nunha bandexa de forma decorativa.
  10.  Napar coa salsa por riba e a ambos lados poñer as patacas duquesas.
  11. Facer o puré coas patacas cocidas, unha vez secas, engadirlle manteiga, leite tébeda, belisco de noz moscada e os dous ovos, remexer ben. 
  12. Meter nunha manga pasteleira cunha boquilla rizada.
  13. Espolvorear con froitos secos ou queixo de gratinar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario