Tratase dun rico e sinxelo postre que nos aporta o delicioso sabor do chocolate e as maravillosas propiedades das noces, froito seco cardiosaludable. Tamén é un acompañamento adecuado para unha merenda con amigos, cun cafeciño ou un delicioso té.
Para darlle un toque especial os cuadradiños, estos van coroados cun delicioso ganaché de chocolate, que sería o corazón de trufa que se fai con nata e chocolate.
Ingredintes para os cuadradiños:
- 150gr de chocolate de cobertura
- 80 gr de noces picadas
- 50gr de manteiga
- 180gr de azucre glass
- 2 ovos M
- 100 gr de fariña
- un belisco de vainilla en pó
- 80 gr de chocolate
- 800 ml de tona liquida
- Quentar a tona líquida e derreter nela o chocolate para facer a ganaché.
- Deixar enfriar ben na neveira (mellor dun día para outro)
- Prequentar o forno a 240ºC
- Derretemos o chocolate, picamos as noces e mesturamos.
- Mesturar nun bol o azucre e os ovos, montar ata que branqueen e engadir a manteiga a temperatura ambiente, a fariña, a vainilla e misturar ben.
- Nun molde con papel de forno botála mistura e cocer 20 minutos ou ata que o pinchar cunha agulla esta saia limpa.
- Deixamos enfriar ben.
- Para face-.la ganache, montamos a mistura de tona e chocolate come se fose tona liquida normal
- Cubrimos o biscoito coa ganaché e cortamos en cadriños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario