É un prato rápido e sinxelo, e unha gran receita de aproveitamento para eses plátanos maduros, que ninguén come por estar xa brandos. Son ideais para este flan, e para facer dun xeito diferente este típico postre. O podemos facer nun molde grande, en moldes individuais, como máis nos guste.Ideal para os mais golosos, xa que é especialmente doce.
Ingredientes para 4 persoas.
- 3 plátanos maduros
- 100 gr de azucre
- 1 litro de leite
- pizca de sal moída
- 5 ovos
Elaboración.
- Misturar os plátanos co azucre e triturar cunha batidora.
- Xuntar cos demais ingredientes nun bol.
- Forrar un molde de flan con caramelo. Unha vez frio, botar o preparado.
- Cocer no baño maría a 160º unha hora tapado con film.
No hay comentarios:
Publicar un comentario