sábado, 11 de agosto de 2012

Ensalada de Xudías

 Un prato típico para as calores do verán son as ensaladas. Resultan lixeiras e refrescantes nesta épooca de calor, e admiten tantas variedades como se poida imaxinar. A ensalada de hoxe, esta feita cunhas deliciosas xudías, de xeito que presentamos unha forma deliciosa para disgrutar desta verdura deliciosa, que ademási esta en tempada de recolección.


Ingredientes para 4 Persoas.
  • 1 kg de xudías peronas
  • 1 cebola
  • 1 c/g de pementón doce
  • 1 dl de vinagre
  • 2 dl de aceite de oliva
  • sal

Elaboración.
  1. Lavar as xudías e cortalas pola metade; cocer 15 minutos en auga salgada fervendo. Refrescalas en auga fría.
  2. Aparte facemos o mollo con vinagre, pementón, aceite e sal. Emulsionámolo.
  3. Dispomos nunha bandexa de forma armónica. Cortamos a cebola en xuliana e a dispersamos.
  4. Sérvese fría. Meter na neveira ata o servicio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario