O flan é un postre que se prepara a base de ovos, leite e azúcre. O principal ingrediente é o ovo que é o responsable da textura do flan cando as súas xemas se cuaxan. Nas receitas máis clásicas os ingredientes que se usan para darlle sabor soen ser vainilla, limón ou canela, que se infusionan en leite quente.
Ademáis do flan de ovo, existen moitisimas variedades de flan que poden levar froitas, ou compotas dr froita, froitos secos como amendoas, ou pistachos, queixo, café, etc, obtendose así multiples variedades de flan con sabores irresistibles.
Ingredientes para 4 persoas:
- 4 ovos
- 1 lt de leite
- canela en rama
- 175 gr de azucre
- corteza de limón
Elaboración:
- Quentar o leite e infusionar coa rama de canela e a corteza de limón.
- Votamos nun bol co resto dos ingredientes e remover, votamos todo enriba das flaneras con caramelo.
- Tapamos con un papel de aluminio e metemos o baño maría durante polo menos 1 hora,ou ata que este cuaxado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario