O pastel de carne é un prato extremadamente versátil. A carne picada mestúrase por regra xeral con miolos de pan ou cereais para que a pasta dea un aspecto máis consistente, adóitase recubrir de ovo para que teña máis consistencia tras a cocción. Empréganse herbas como o perexil e mesmo se introducen hortalizas finamenetepicadas (tales como cebolas, pementos e apio). Existen pasteis de carne que teñen no seu interior recheos de puré de pataca, ovo, queixo, verduras.
Os pasteis de carne adóitanse acompañar de diferentes salsas (non é de estrañar que o prato se acompañe dunha salseira) ou acompañamento. Considérase un prato mundial, en case todas as cociñas do mundo hai un prato con caraterísticas similares, facendo imposible determinar a súa procedencia.
Ingredientes para 4 persoas.
- 1kg de carne mixta.
- 1 cebola.
- 3 dentes de allo.
- 1 vaso de viño branco.
- 3 rebanadas de pan de molde.
- un chisco de leite.
- aceite de oliva.
- 200g de salsa de tomate.
- 2kg de patacas cocidas.
- 1 noz de manteiga.
- 1/4 de leite.
- un belisco de noz moscada e salpementa.
Elaboración.
- Sazoar a carne coas rebanadas de pan molladas en leite, allo, perexel moi picado, o vaso de viño e a cebola picada en brunoise. Deixar adobado dun día para outro.
- Saltear a carne e botarlle a salsa de tomate e deixar cocer por 10 min. Facer un puré parmentiére e sazoalo.
- Poñer no fondo dunha fonte e, por riba, facer un zócalo co puré de patacas. Ralar queixo para fundir e fornear a 200ºC durante 20 min.
No hay comentarios:
Publicar un comentario