sábado, 11 de agosto de 2012

Mexillóns tigre


     Unha forma totalmente distinta de preparar uns mexillons, combinamos iso cunhas croquetas, e temos aqui uns ricos mexillons tigres dignos de facer e de chuparse os dedos …

P8090725

Ingredientes para 4 persoas.
  • 1kg de mexillóns.
  • 1/2 litro de leite.
  • 125g de fariña frouxa.
  • 125g de manteiga.
  • salpementa.
  • un belisco de pementón doce.
  • 1 cebola.
  • 2 dentes de allo.
  • 1 pemento verde.
  • 2 ovos duros.
  • un belisco de noz moscada.
  • fariña.
  • ovo.
  • pan ralado.

P8090726

Elaboración.
  1. Abrir os mexillóns, picar a súa carne e manter aparte. Cortar as hortalizas en brunoise e salteálas cun chisco de sal. Cocer os ovos uns 12 min se son ‘L’; 11 min se son ‘M’.
  2. Facer unha bechamel co litro de leite, 125g de fariña, 125g de manteiga, salpementa, noz moscada e os pementóns.
  3. Mesturar as hortalizas coa carne dos mexillóns, os ovos duros picados e a bechamel, ata que estea ben ligado. Rechear as conchas dos mexillóns, empanalos e fritilos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario