Esta tarta resulta un doce sinxelo e moi rico.A base esta feita con masa quebrada,que resulta ser unha masa moi vérsatil., protagonista de moitas receitas, tanto doces coma salgadas. Partindo dunha tartaleta de masa quebrada podedes facer numerosos pratos deliciosos, dende unha tarta como a protagonista desta receita ata por exemplo unha rica quiche.
Ingredientes para 4 Persoas.
- 500 gr de masa quebrada
- 200 gr de fariña normal tamizada
- 100 gr de manteiga
- 1 ovo
- 1 c/c de sal
- 2 c/c de auga
- 1 c/c de azucre
- 1/2 litro de leite
- 2 c/g de fariña
- 40 gr de azucre
- 20 gr de manteiga
- unha pizca de sal
- 1 xema de ovo
- unha rama de canela e outra de limón
Elaboración.
- Para a masa misturamos todos os ingredientes, amasamos ben, envolvemos en papei film e deixamos reposar na neveira 30 minutos.
- colocase a masa quebrada nun molde, se pincha o fondo para que non suba moito. Pónselle un papei antigraso, rechease de garabanzos, e se hornea a masa en branco uns 15 minutos a 175º.
- Se infusiona o limón e a canela no leite; aparte se disolve a fariña con un pouco de leite frío. Se engade o azucre, a manteiga e a sal. Ponse o lume ata que espese a leite, batindo sen cesar.
- Fora do lume engadeselle a xema e a crema e colocase no fondo da tarta xa preparado. Se deixa cocer no forno a temperatura media, uns 170º durante 25 minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario