viernes, 10 de agosto de 2012

Risotto de primavera e Alfabrega-Azafran


É unha receita moi comoda pro verán, rápida ,sinxela e cun gran aporte de vitaminas.




Ingredintes:

  • 1 dente de allo
  • 1/2 cebola 
  • 250 gr de riso carneroli (no seu defecto arroz bomba)
  • perexel
  • 1 l. de caldo de polo 
  • 2 sobres de azafran moido 
  • unhas follas de alfabrega
  • 100 gr de manteiga fria (en dados)
  • queixo parmesano 
  • aceite de oliva 
  • 1/2 vaso de viño


Elaboración:

  1. Picamos a cebola e o allo en brunoise, e refogamolo xunto co riso nun chisco de aceite, botamos o viño e deixamolo evaporar.
  2. Poñemos o caldo a ferver.
  3. Imos engadíndolle pouco a pouco o caldo ata cubrir por onde está o riso.
  4. Botar o azafrán.
  5. Botamos as verduras cortadas en paisana, deixamos cociñar e remexemos pouco a pouco.
  6. O riso debe quedar ao dente.
  7. Fora do lume remexemos e botamos o queixo,manteiga e ligamos o rissotto.
  8. Sazoamos e por ultimo botamos unhas follas de alfabrega talladas.
  9. E un prato de comer ao momento.




No hay comentarios:

Publicar un comentario