Este postre e de forte sabor, de orixen ingés e unha chocolatina rechea de menta moi sinxela e con diferentes formas de facer. Postre moi refrescante ideal para o verán.
Ingredientes para 4 persoas:
300 gr de cobertura de chocolate
1/2 litro de tona
2 dl de pipermint
50 gr de azucre
50 gr de amendoa en gran
Elaboración:
1- Derretir a cobertura de chocolate e dispor sobre papel de aluminio e logo meter no conxelador.
2- Espolvorear con amendoa tostada.
3- Na batidora montamos a tona, cando estea semimontada engadimoslle o azucre e o pipermint.
4- Rechear trozos de cobertura co pipermint montado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario