jueves, 2 de agosto de 2012

Polo ó limón con patacas rexilla

E unha receita típica dos restaurantes chinos. E un prato moi sinxelo, rápido e rico que podemos aproveitar para facer cando temos unha comida numerosa, xa que tamén e un prato exquisito para os nenos. Pódense facer as patacas con diferentes formas ou tamen acompañar con arroz ou ensalada.



Ingredientes para 4 persoas:

  • 1 polo enteiro
  • 2 cebolas
  • 3 dentes de allo
  • zume de 3 limóns
  • aceite de oliva
  • salpementa
  • 6 patacas

Elaboración:

1- Para facer as patacas usaremos a mandolina para darlle a forma que buscamos.
2- Poñemos o polo nunca bandexa de forno e sazoamos, engadimoslle aceite de oliva. Cando leve 20 min engadimoslle a cebola cortada en pirepoix, O tempo total de cocción é duns 45 min aproximadamente por cada kilo de polo a 175ºC.
3-Engadimos o zume cando falten 15 min para rematar o asado
4-Unha vez cortadas as patacas metemolas en auga e secámolas ben, antes de sumerxilas en aceite algo quente. Botámoslle o sal unha vez fritas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario