jueves, 2 de agosto de 2012

LENTELLAS ESTOFADAS

 

A lentella (Lens culinaris) é unha planta da familia dos legumes ou Fabaceae. É un arbusto de crecemento anual, duns 40 cm de alto. Cultívase polas súas sementes, que medran dentro de vaíñas usualmente de dúas en dúas. O nome provén da forma de lente que teñen esas sementes. Cun 26%, a lentella é a terceira planta alimenticia cunha maior porcentaxe das súas calorías en forma de proteínas, despois da soia e os grans de cánabo. Isto fai dela unha parte importante da dieta en moitas partes do mundo, especialmente no subcontinente indio, onde hai grandes poboacións vexetariana. Ademais do seu elevado grao de proteínas, as lentellas conteñen fibra, vitamina B1 e minerais.

lentejas (4)

Ingredientes para 4 persoas

  • 1 kg de lentellas
  • 1 chourizo
  • 250 gramos de carne de tenreira
  • 1 cenoria
  • 1/2 cabaciña
  • 2 dentes de allo
  • 1 folla de loureiro
  • auga a necesaria
  • 1/2 pemento vermello
  • 1/2 pemento verde
  • 1 porro
  • 2 patacas
  • sal

Elaboración.

  1. Cortar todalas hortalizas en paisana e reservar. Cortar a carne en dados e a sazoamos.
  2. Nunha pota botamos aceite de oliva ata cubrir ben o fondo. Cando estea quente, refogamos a carne ata que abrande, e logo engadimos as hortalizas. Remexemos. Unha vez que teñan cor, engadimos as lentellas lavadas.
  3. Cubrir con auga, botamos o chourizo pinchado para que bote o seu sabor. deixamos cocer por espazo de 35 minutos aproximadamente. Sazoamos.

 

lentejas (3)

No hay comentarios:

Publicar un comentario