Un prato exquisito e típico da Nosa zona mariñeira. Pódese facer coas distintas variedades de ameixas que temos en Galicia (as mais coñecidas son a fina e a babosa, que distínguense porque a babosa ten os sifóns unidos en todala súa lonxitude e a fina os ten separados, son máis longos e na súa cuncha ten unhas líñas en forma de radios.
Ingredientes para 4 persoas:
- 2 kg. ameixas,
- 2 cebolas,
- 2 tomates maduros,
- 1 guindilla,
- 1 vaso de albariño,
- 2 dentes de allo,
- 2 c/g de fariña,
- 1 vaso de auga,
- perexel.
Elaboración:
- Metemos as ameixas en auga con sal para desprender as áreas que teña por espazo de 30 minutos. anque pode quedar dun día para outro na neveira.
- Nunha pota cubrimos o fondo con aceite de oliva, deixamos que queza.
- Botámolo allo cortado en (brunoisse), de seguido as ameixas remexemos e engadimos o viño, remexemos.
- De seguido cortamolo tomate e a cebola (concasse e paisana), botámolo. Por outra banda, collemos 1 vaso de auga e a fariña , diluimos e botamos dentro da pota.
- Deixamos quecer ata ligar a salsa. Voltar nunha bandexa e espolvorear de perexel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario