miércoles, 1 de agosto de 2012
Milfollas de bacallao
Imitando os nosos veciños Portugueses nos tamén de distintos xeitos o bacallao, neste caso fixemos unha milfollas que a unica complicación deste prato a colocación dos ingredientes na presentación.E un prato sinxelo pero exquisito.
Ingredientes para 4 persoas.
4 patacas
2 postas boas de bacallao
Olivas negras
2 cebolas
3 pementos vermellos asados
Sal
Aceite de Oliva
Vinagre de Xerez
Perexil picado
Elaboración.
1.Cocer o bacallao nun cazo, nesa mesma auga cocemos las patacas cortadas en rodelas grosas con pel.
2. Pomos a asar os pementos vermellos untados ben con aceite de oliva e unha pizca de sal durante 15 minutos a 160ºc , logo envolvemolos ben en film para que suden e logo se separe ben a pel da carne do pemento.
3. Cortar a cebola o máis fina posible en xuliana.
4. Dispor nunha bandexa do seguinte xeito: patacas, bacallao desmenuzado, pementos , cebola, olivas negras , aliño e perexil.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario