miércoles, 1 de agosto de 2012

Bonito á parrilla con menestra da horta

Un dos xeitos de facer o atún é a parrilla, xa que é un peixe moi seco e non se debe pasar moito, coas
verduras dalle un toque máis xugoso, prato sinxelo e con boa presentación

Ingredientes para 4 persoas:
  • 500 gr. bonito vermello
  • 2 dentes de allo
  •  2 cenorias,
  • 1 cabaciña,
  • 100 gr. cabaza
  • 250 gr. chícharos
  • 6 und. espárragos brancos
  • 1 berenxena
  • 1 bolsa espinaca fresca
  • medio pemento vermello
  • 1 cebolleta
  • 1 follade loureiro
  • salpementa.

Elaboración:
1- Limpamos as hortalizas, cortamos en paisana, a cebolleta, cenoria, pemento vermello e refogamos
   a lume forte. Despois engadimoslle a cabaciña, cabaza e berenxena desangrada (botarlle sal para
   eliminar o amargor que ten), cortada en paisana, engadir o allo cortado en lascas e añadir a folla de
   loureiro. Saltear. A parte cocemos os chícharos uns 10 minutos e botamolos co resto da preparación.
   Por último botamos as espinacas frescas e os espárragos. Sazonamos o conxunto.
2- Nunha tixola con parrilla marcamos os lomos de bonito a lume forte, debe quedar un pouco crú
    no centro. Salgamos con sal maldon.
3- Botámoslle un pouco de aceite de ceboliño.
4- A un lado do prato poñemos a peza de atún e na outra parte engadimoslle a menestra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario