miércoles, 1 de agosto de 2012

Pizza caprichosa



Entre as distintas elaboracións Italianas que facemos non podia faltar unhas das máis típicas, a pizza.
Neste caso é a caprichosa facendo a masa moi fina e no recheo engadindolle unhas follas de alfábrega picada dalle un sabor exquisito.


Ingredientes para  4 persoas.
Masa:
  •  450 de fariña de forza
  • 10 gr de levadura prensada ou de panadería
  • 220 gr de auga mineral con gas
  •  25 gr de aceite de oliva
  • 1c/c de azucre.
Recheo:
  • 200 gr de xamón iork
  •  200gr de de cogumelos
  •  unhas follas de alfábrega
  •  1 bote de tomate triturado
  •  unha pizca de ouregano seco.

Elaboración.
1. Disolver a levadura en auga un pouco tibia.
2. Engadir o aceite , misturas coa fariña o azucre e o sal.
3. Amasar ben sobre unha superficie ata que a masa se despegue.
4. Deixar repousar a masa a temperatura ambiente cuberta cun pano de cociña.
5. Transcurrido este tempo facer 4  bolas  de masa , estirala dandolle forma redonda ou cuadrada , debe quedar unha capa fina.
6.O recheo base e tomate triturado con ouregano, aceite de oliva , mozarrella raiada, xamón de iork, champiñones, alfabrega fresca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario