A crema bávara, crème bavaroise ou bavaroise, é un postre frío de pasteleria que soe levar xelatina, crema inglesa e tona montada.
¨É unha invención suiza de acordo cos franceses. Deuselle o nome a comezos do século XIX por Baviera. Xeralmente as bavarois soen facerse con froitas tropicais como o mango, ou a piña, pero tamén pode facerse con outras froitas como amorodos, limón ou framboesas.
Na nosa recieta faremos unha rica bavarois de amorodos.
Ingredientes:
- 500 gr de amorodos.
- 100 gr de azucre
- 2 follas de xelatina
- 150gr de tona
- 1 limón
- Poñer a xelatina a remollo nun pouca de auga fría para que se hidrate.
- Facemos un puré cos amorodos e o azúcre: poñemos os amorodos partidos en trociños nun cazo, engadimos unha cullerada de auga, e o azucre. O poñemos todo a lume baixo, e sen deixar de remexer, cocemos hata que os amorodos comencen a desfacerse.
- Engadimos o zume do limón as fresas, trituramos esta mistura e colamos nun chino.
- Engadimos a xelatina no pure para que se dilua e deixar enfriar.
- Nun bol montamos a tona e misturamos co puré
- Enchemos un molde de silicona forrado con papel film coa mistura de tona e amorodos e metemos no conxelador ata o día seguinte.(No noso caso, enchemos o molde ata a metade coa mistura, engadimos reladura de chocolate negro e terminamos de cubrir coa mistura de tona )
- Desmoldamos e adornamos con amorodos e sirope.
No hay comentarios:
Publicar un comentario