Outro fondo importante na cociña, ademais do fondo de polo que temos aquí, é o fondo ou caldo de tenreira que se usará en moitas elaboracións.
Ingredientes:
- 2 kg de osos de tenreira.
- 3 cebolas.
- 4 cenoiras.
- 3 porros.
- 3 cabezas de allo
- 1 pizca de grans de pementa negra
- 4 ramas de apio.
- 1 tomate
- tallos de perexel.
Elaboración:
- Tostar os osos nunha placa de forno a 220ºC durante unha hora e media para sustraer toda a sustancia dos osos.
- Nunha sotel ( ou tixola de fondo groso) ben quente cun pouco de aceite,saleteamos todas as hortalizas cortadas en mirepoix, ata que adquiran un tono dourado.
- Por todos os ingredientes xuntos nunha marmita e deixar cocer unhas 36 horas aproximadamente, unha vez transcurrido este tempo e deixamos reducir hata que espese.
- Por último pasamos por unha estameña ou cedazo con tela ( coamos o fondo). Podese conservar no conxelador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario