jueves, 2 de agosto de 2012

Brioche

E un pan de xema de orixe francés, tamén denominado bolo de leite, o que se pode dar varias formas (redondas, hexagonal…) nos neste caso eleximos redondas e alongadas. Podeselle engadir froitos secos (pasas, noces…) como complemento.
Ingredientes para 4 persoas:
1 kg de fariña de forza
250 gr de azucre
6 ovos
20 gr de sal
250 gr de manteiga
80 gr de levadura
150 ml de auga
150 ml de leite
1 c/s de pel de limón
canela moida

Elaboración
1- Facer o amasado cunha cuarta parte de fariña e parte do líquido, sal e levadura.
2- Deixa que doble o seu volumen.
3- Despois misturamos o resto dos ingredientes e amasamos, deixase repousar uns 10 min.
4- Cortar e formar pezas.
5- Pintar cun ovo e poñémolas a fermentar a 35º.
6-Facemos pezas de 60 gr e cocemos a 220º.

No hay comentarios:

Publicar un comentario