jueves, 2 de agosto de 2012

Cañas recheas de crema

Hoxe fixemos un prato moi sinxelo e saboroso, cunha presentación moi boa. E unha receita moi típica de Galicia, a cal atopamos en case tódalas panaderias e pastelerías. O resultado merece a pena.



Ingredientes para 4 persoas:

Para a masa: 400 gr de fariña, 1/2 vaso de leite, aceite de oliva virxen, pizca de sal, pizca de canela moida, azucre lustre.
Para a crema: 1 litro de leite, corteza dun limón 100 gr de fariña tamizada, 6 ovos, 200 gr de azucre.

Elaboración:

1- Formamos a masa nun bol e deixamos repousar 3 horas. Despois estiramos e envolvemos os moldes, temos que freir en abundante aceite.
2- Rechear cunha crema pasteleira ( por a ferver o leite, e aparte misturamos o azucre, os ovos e a fariña, engadimoslle o leite e poñemos de novo no lume sin deixar de remover hasta que tome consistencia).


3- Espolvorear de azucre lustre.





No hay comentarios:

Publicar un comentario