viernes, 10 de agosto de 2012

Cake de almorzo

      Empezar o día cun anaco dun delicioso biscoito, é un xeito doce e enerxético de comezar o día. Este biscoito, ademáis de saboroso resulta moi esponxoso,e xunto cun café con leite, por exemplo é delicioso.
Tamén é unha rica sobremesa, pois é moi xugoso, ou o podemos ofrecer como unha merenda que fará as delicias de grandes e pequenos.

20120731100743


Ingredientes para 4 persoas.
  • 5 ovos
  • 2 tazas grandes de fariña 
  • 1 taza de manteca derretida 
  • 1 taza de azucre 
  • 1 sobre de levadura royal 
  • raladura de limón

Elaboración.
  1. Nun bol misturamos a manteca, o azucre e a raladura do limón. Trituramos 
  2. Batemos os ovos e logo volvemos a triturar. Por último, votamos a fariña xunto co Royal e removemos ben e listo . 
  3. Dipomos dentro dun molde de bizcoito e forramolo, metemolo no forno soamente con lume por debaixo a 180ºc durante 30 minutos aproximadamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario