Ingredientes para 4 persoas.
- 6 ovos
- 1 lata de tono
- 200 gr de mahonesa
- perexil picado
- follas de leituga (opcional, para decoración)
Elaboración:
- Cocemos os ovos con auga salgada; os refrescamos ben. Pelamos os ovos, partimos pola metade e quitámoslle a xema.
- Xuntamos a xema co tono e misturamos coa mahonesa. facemos unha pasta e metémola nunha manga pasteleira coa boquilla rizada.
- Recheamos as medias claras coa pasta e espolvoreamos de perexil.
- Como decoración dispomos nun prato con leituga cortada en chiffonada ou como no caso da foto ilustrativa, botarlles un pouco de clara ralada por riva a modo de decoración. Metemos na neveira ata servir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario