En gastronomía, unha quiche é un tipo de torta salgada derivada da cociña francesa. Se elabora principalmente cunha preparación de ovos e crema de leite fresca e espesa, mesturado con verduras e/ou produtos cárnicos, coa que se enche un molde de masa quebrada. Cocíñase ao forno. A posibilidade de incluír outros alimentos na elaboración do recheo permite que haxa innumerables receitas con carne, vexetais (apio, pementos, cebolas, porros, etc.) e queixos diversos. Nos neste caso botámoslle gambas el algas, e quedou boísima.
Ingredientes para 4 Persoas. Entrante.
- Para a masa quebrada.
- 250 gramos de fariña
- 100 gramos de manteiga
- 25 ml de aceite de oliva
- 100 ml de auga
- 1 xema de ovo
- 1 c/s de sal
- Para a Royal.
- 200 ml de tona líquida
- 2 ovos
- Para o recheo.
- 200 gramos de gambas
- 1 c/s de algas variadas
- 1 c/s de salpementa
Elaboración.
- Facer a masa con todos os elementos, estirar sobre dous papeis films e gardar na neveira 1 hora para que repouse.
- Estirar a masa e colocar sobre un molde da quiche. Cocer en branco no forno, calor en seco, a 160º ata que tome cor. Hornear con garbanzos por riba. Deixar enfriar. Unha vez frío, desmoldamos e o reservamos.
- Saltear as gambas cun pouco de aceite e as sazoamos.
- Facer a royal misturando os seus compoñentes e botar por toda a quiche, todo o recheo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario