viernes, 3 de agosto de 2012

CASTAÑETA REBOZADA CON HORTALIZAS EN TEMPURA

 

     A tempura refírese á fritura rápida xaponesa, en especial aos mariscos e verduras. Cada anaco de comida debe ter o tamaño dun bocado e frítese en aceite a 180. tan só durante dous ou tres minutos. En canto aos vexetais utilízase practicamente calquera comestible de dimensións e consistencia axeitadas (por exemplo: pementomorrón, cebola, ravo, berenxena, espárrago, remolacha, cenoria, vaíñas (feixóns verdes), coliflor, brócoli ou brócoli, batata, diversas especies de cogomelos etc.). Estes vexetais tamén deben ser cortados en bocados e quítanlles as durezas.

     A castañeta ou palometa é un peixe mariño de corpo moi comprimido lateralmente e cor gris escura, polo que resulta inconfundible. Péscase na primavera e non verán, normalmente con palangre. A talle mínima é de 18 cm

 

Castañeta rebozada con hortalizas en tempura (2)

Ingredientes para 4 Persoas.

  • 1 castañeta
  • 1 dente de allo
  • perexil
  • salpementa
  • fariña
  • ovo batido
  • 1 peza de brócoli
  • 2 cenorias
  • 1 cebola
  • 1 cabaciña
  • 1 pemento vermello
  • 1 rama de apio
  • 150 gr de améndoas
  • auga con gas
  • fariña de trigo
  • 6 patacas
  • 100 ml de leite
  • unha noz de manteiga
  • pizca de noz moscada

 

Castañeta rebozada con hortalizas en tempura

 

Elaboración.

  1. Porcionamos a castañeta en tranchas, a sazoamos engadíndolle a allo-perexil picado; rebozamos en fariña e ovo batido e de seguido o fritimos. Deixamolo aparte.
  2. Collemos as hortalizas e as cortamos en xuliana, a sazoamos; facemos a pasta e misturamos as améndoas picadas e rebozamos as hortalizas. Fritimos.
  3. Aparte facemos un puré de pataca lixeiro. Cocemos a pataca, escurrímola, sazoámola, engadímoslle a leite, especies e manteiga. remexemos e listo.

 

Montaxe do prato.

     - Dispor primeiro o puré a un lado, do outro pomos as hortalizas e a castañeta apoiada nas hortalizas facendo volume.

 

Castañeta rebozada con hortalizas en tempura (6)

 

     E un prato moi rico, porque non estamos acostumados a probar as hortalizas en tempura. A todo o mundo que o probou, gustoulle. Asi que vos animo a elo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario