viernes, 3 de agosto de 2012

Madalenas de manteiga

 
     A magdalena ou madalena é un postre tradicional da rexión de Lorena, en Francia, que se extendeur por tada Francia,España e Iberoamerica. As madalenas teñen a forma dunha pequena cuncha, que se obten cocendoas ó forno nun molde especial para madalenas. Hoxe en dia fanse en moldes de papel rizado ou capsula para madalenas. O seu sabor recorda un biscoito aromatizado con limón
    A receita tradicional leva ovos, azúcre, manteiga, fariña de trigo, levadura e limón ( soe empregarse a cascara)
    No seu orixe, unha das madalenas mais famosas é a madalena de Commercy que debe o seu nome a unha xove criada chamada Madeleine Paulmier , que en 1755 fixo estes pasteis para o rei de Polonia.
    Outras tradiccions, din que o orixe das madalenas remontase a época de peregrinaxes a Santiago de Compostela. Unha xove chamada Magdalena servialles os peregrinos uns pasteliños en forma de cuncha, símbolo da peregrinaxe. As madalenas extenderonse o longo dos camiños de Santiago o que explica a sua tradicional implantación en España.

    A receita de madalenas que traemos hoxe, é un rico postre, ou tamén as podemos tomar como almorzo ou de merenda, soas ou acopañadas dun café con leite, un chocolate quente, ou o que máis nos guste.
Ingredientes ( 18 madalenas)
  • 200 gramos de manteiga
  • 1 dl de aceite de xirasol
  • 300 gr de fariña
  • 5 ovos
  • aromas ( exemplo ralladura de limón, vainilla…. o que mais nos guste)
  • 200 gr de azucre
  • 1 sobre de levadura química
Elaboración:
  1. Prequentamos o forno a 180ºC
  2. Bater a manteiga co azucre e o aceite de xirasol ata que se monte ( queda unha mistura blanquecina e homoxenea, bastante cremosa)
  3. Incorporamos a mistura anterios os ovos, un a un, sen deixar de bater, e nos engadimos un ovo ata que o anterior este perfectamente misturado coa masa.
  4. Engadimos a fariña sen que baixe a masa ( mellor se esta tamizada)
  5. Fornear a 180ºC uns 15-20 minutos, ata que esten douradas e pinchando cunha agulla esta saia limpa.







No hay comentarios:

Publicar un comentario