viernes, 3 de agosto de 2012

Mousse de arroz con leite

 

       O arroz con leite é un postre típico da gastronimia de múltiples paises, que se fai cocendo lentamente o arroz no leite con azucre. Pode servirse frio ou quente, e se lle soe botar canela, vainilla e/ou a cascara dun limón para aromatizalo.É habitual servilo espolvoreado con canela ou con leite condensada, ainda que en Asturias e Portugal é máis tipico servilo con azucre queimado cun ferro candente, de modo que a superficie queda caramelizada e triscante. En paises coma Arxentina ou Uruguai tamén pode servirse con dulce de leite.
    Este postre resulta adecuado para persoas celíacas e se empregamos un leite sen lactosa, tamén para intolerantes a lactosa.



    No caso de hoxe, para darlle un toque diferente, en lugar de presentar a típica receita de arroz con leite, o convertimos nunha mousse que acompañamos cunha xelatina de froitos vermellos para acompañar ( xelatina de sabores que se merca en sobres, e se fai seguindo as instrucción do fabricante)
     Para facer a mousse partimos dun arroz con leite.
Ingredientes para arroz con leite ( 4 persoas)
  • 100 g de arroz bomba.
  • 1 litro de leite
  • 1 rama de canela
  • 200 gr de azucre
  • 1 cácara de limón ( debemos evitar poñer a parte blanca interior da corteza de limón porque pode aportar amargor o leite)
Elaboración:
  1. Nun cazo botamos o leite, a canela , e o arroz a cocer e remexemos de vez en cando.
  2. Transcurridos 15 minutos da sua coción engadimos o azucre. Non o botamos o principio para evitar que caramelizo co arroz no fondo.
  3. Cocemos todo xunto outros 15 minutos, remexendo constantemente para evitar que o azucre caramelice e para que o arroz solte o seu almidon no leite.
  4. Trascurrido o tempo de cocion, retiramos do lume, e quitamos a canela e a corteza de limón. Repartimos en recipientes individuais e espolvoreamos con canela moida. Se o queremos comer frío deixamos enfrira na neveira.  ( para facer a mousse non engadimos a canela moida e non repartimos en recipientes individuais, o trituramos)

Ingredientes para a MOUSSE de arroz con leite:
  • 300 gr de arroz con leite
  • 1/2 litro de tona para montar
  • 75 gr de azucre glasé
  • 1 folla de xelatina
Elaboración:
  1. Poñemos a xelatina en auga para hidratala.
  2. Triturase o arroz nunha batidora ou en thermomix se temos, ata que forme unha pasta homoxenea e incorporamos a folla de xelatina
  3. Deixamos enfriar o arroz coa xelatina hata que este ben frio
  4. Montamos a tona e engadimoslle o azucre lustre.
  5. Engadimos a tona o arroz triturado, deixamos reposar duas horas  e repartimos en recipientes individuais.
 





No hay comentarios:

Publicar un comentario