viernes, 3 de agosto de 2012

COCTEL DE MARISCOS


     O Cóctel de marisco é unha entrada lixeira e de sabor agradable, esta presentación fria pode ser o preámbulo que abra as portas das túas mellores presentacións culinarias, coma as gambas e os bois que se encontran nas nosas costas son simplemente dos mellores, o seu gran tamaño e excelente sabor déixase gozar todo o ano polo que sempre poderá preparar esta entrada con confianza.

20120709151633

Ingredientes para 4 Persoas.
  • 2 bois cocidos (25 minutos)
  • 300 gr de gambas
  • 1 laranxa
  • 1 leituga iceberg
  • 4 ovos duros
  • perexil picado
  • 1/2 pemento verde
  • unhas follas de fiuncho
  • perexil picado
  • Salsa Rosa.
    • 1/4 mahonesa
    • 3 culleriñas de ketchup
    • zume dunha laranxa
    • un chorro de coñac
    • salsa woscester

20120709151620

Elaboración.
  1. Cocer os bois en auga cunhas follas de loureiro e grans de pementa negra. Escaldar as gambas durante 30 segundos.
  2. Unha vez fríos, misturamos co pemento cortado en brunoise, o fiuncho picado, a laranxa en gajos, a leituga cortada en chiffonada fina, os ovos ben picadiños.
  3. Sazoar a mistura cun pouco de sal. Facer a salsa misturando a mahonesa co resto dos seus elementos.
  4. Depositar nunhas copas de coctel, primeiro os elementos sólidos e logo a salsa, por último espolvorear co perexil picado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario