O brocoli ou brécol, é unha pranta da familia das Brasicáceas, antes chamadas Crucíferas. Outras especies desta familia, son o repolo, a coliflor, a col de bruselas, etc.
Esta pranta posue abundantes cabezas florais carnosas de cor verde, postas en forma de arbore, sobre ramas que nacen dun groso talo comestible.A parte floral, esta rodeada de follas. É moi similar a coliflor, pero de cor verde. É un cultivo de climas frescos. Habitualmente preparase fervido ou ó vapor, pero podese consumir cru como aperitivo. Ten un alto contido en vitaminas C, 100gr conteñen 89,2 mg de vitamina C ( 107 % da cantidade diaria recomendada), vitamina E e fibra.
A crema a podemos servir como primeiro prato, en pratos de sopa ou como aperitivo se a servimos en vasiños pequenos. Neste caso, nos a fixemos como aperitivo.
Ingredientes:
- 1 peza de brocoli
- 2 patacas
- sal e pementa
- aceite de oliva
- auga
- tona
- manteiga ( duas ou tres culleradas)
- 150 gr de queixo roquefort.
- perexel picado para decorar.
Elaboración:
- Nunha pota cubrir o fondo con aceite de oliva, unha vez quente botar as patacas cortadas en vichi e o brocoli depedazado en ramiñas.
- Remexer, cubrir con auga e deixar cocer 30 minutos.
- Unha vez cocido, quitar auga se fose preciso, engadir sal, pementa, manteiga e o queixo
- Triturar ben e pasar por un chino. Se queda moi espeso, engadimos auga da que retiramos.
- Se o sabor queda moi forte engadimos un pouco de tona ó gusto para suavizalo.
- Servimos e decoramos con perexel picado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario