viernes, 10 de agosto de 2012

Crema de cabaciña

A crema de cabaciña caseira ten todo o sabor tradicional da antiga cociña e é moi doada de facer. Está recomendada para persoas que queren levar unha alimentación sá e equilibrada xa que non contén graxas e é moi lixeira. Normalmente é máis común comela no verán, xa que é a época da cabaciña e a cabaza. Ademáis é unha forma moi práctica de dar ós máis pequenos tódalas vitaminas das verduras.




Ingredientes para 4 persoas:
  • 1 Kg. de cabaciña
  • 2 patacas medianas
  • 1/2 cebola
  • Aceite de oliva
  • Salpementa
  • 1 noz de manteiga

Elaboración:
  1. Cortar as hortalizas en mirepoix e cociñar nunha pota co fondo cuberto de aceite de oliva; primeiro a cebola, patacas, a cabaciña debe esperar uns 10 min. antes de votala.
  2. Cubrir con auga e deixar cocer por espacio de 30 min.a lume medio.
  3. Triturar e pasar por un chino. Sazoar e engadir a manteiga para darlle brillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario