Un prato peculiar, xa que a sepia engadímoslle un pouco de canela pra realzar o seu sabor. Quizás o máis complexo desta elaboración sexa o corte dos vexetais e a sepia, xa que teñen que ser en tiras moi finiñas.
Ingredientes para 4 persoas:
- 1 cabaciña
- 2 cenorias
- 1 porro
- 1 sepia
- Salpementa
- 1 belisco de canela moida
- Cortar as hortalizas en xuliana o máis finas que poidas.
- Cortar a sepia en tiras (tamén o máis fina posible)
- Mesturar ben e saltear a lume forte.
- Sazoar. Primeiro os vexetais e despois a sepia.
- Dispor nunha bandexa ou prato de forma armónica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario