viernes, 3 de agosto de 2012

ENSALADA DE PASTA

 

     Rico entrante para a tempada de verán, e esta vai con pasta de cores  A pasta (pasta en Italiano) é un alimento proveniente de China. Denomínase pasta aos alimentos preparados cunha masa cuxo ingrediente básico é a fariña mesturada con auga, e á cal se pode engadir sal, ovo ou outros ingredientes, conformando un produto que xeralmente se coce en auga fervendo. As pastas de cores achegan tamén algunhas vitaminas do grupo B, xa que na súa preparación se utilizan hortalizas tales como espinacas (verde), cenoria (laranxa), tomate (vermello ou laranxa). Se non se engade nada, a pasta queda de cor crua (lixeiramente amarelento).

 

Ensalada de pasta (2)

Ingredientes para 4 Persoas

  • 1 kg de espirales de colores
  • 150 gr de xamón de york
  • 150 gr de queixo de barra
  • 1/2 pemento verde
  • 200 gr de tomate cherry
  • 1 bote de maíz pequeno
  • 1 bote de aceitunas recheas de anchoa
  • 1 bote de aceitunas negras
  • 1 lata de tono
  • aceite de oliva
  • vinagre de viño branco
  • ouregano
  • perexil picado

 

Ensalada de pasta (3)

Elaboración.

  1. Cocemos a pasta con auga salgada. Cando estéa cocida, escurrímola e lle engadimos algo de aceite de oliva.
  2. Cortamos o queixo, xamón, pementos en paisana. Os tomates van a metade, escurrimos o maíz e as aceitunas. Misturamos coa pasta tódolos ingredientes; desfacemos o tono, engadímoslle o ourégano, botamoslle o vinagre e aceite e misturamos todo.
  3. Dispomos sobre unha bandexa de forma decorativa e espolvoreamos de perexel picado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario