Se estades aburridos de facer unha pizza grande, porque e moi grande e non podemos con toda, o porque nos sobra porque alguén non quere, recomendobos facer estas ricas mini-pizzas con mozarella e berenxena, saen moi ricas, quedaron moi cruxientes e voaron enseguida. Asi que a continuación, vos poño a receta para que podades probalos todos.
Ingredientes para 4 Persoas. Aperitivo.
- 2 tomates
- 1 berenxena
- 1 mozzarella
- follas de alfabrega
- 100 gr de noces picadas
- salpementa
- aceite de oliva
- 1 bote de tomate triturado
- pizca de ouregano
- aceite de oliva suave
- 200 ml de auga
- 50 ml de aceite de oliva virxen extra
- 20 gr de levadura prensada
- 400 gr de fariña de forza
- 1 c/c de sal
Elaboración.
- Quentamos nun cazo a agua máis o aceite a unha temperatura de 37º. Engadimoslle a fariña, a sal e a levadura. Amasamos ben e a cubrimos ata que dobre o seu volumen uns 30 minutos.
- Precalentamos o forno a 225º é cocemos a masa estirada sobre unha bandexa con aceite, cortada en círculos pequenos e napados coa salsa de tomate triturado, misturado con ouregano.
- cortamos o tomate en concasse, a mozzarella en dados, as follas de alfabrega en chiffonada, a berenxena en brunoise ea poñemos a sangrar para quitarlle o amargor. Salteamos a berenxena cun pouco de sal.
- Dispoñemos enriba da masa de pizza tódolos ingredientes e horneamos uns 5 minutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario