viernes, 3 de agosto de 2012

Ensaladilla rusa con salsa de pemento asado

    Este prato é un primeiro ideal para a época estival, pois resulta lixeiro e refrescante. Este plato, de orixe ruso como o seu nome indica, elaborase a partir de patacas cocidas, misturadas con outras hortalizas e  abundante maionesa.


    Ingredientes:
  • 4 patacas medianas
  • 1 pemento vermello asado ( 20 minutos, 160ºC)
  • 1 lata grande de tono
  • 1 bote pequeno de olivas recheas de anchoas
  • 2 cenoiras
  • 200gr de chícharos
  • 4 ovos cocidos
  • 1/2 litro de maionesa
  • 1 bote pequeno de olivas verdes con osos
  • 150 gr de xudias.

     Elaboración:
  1. Coce-las patacas con pel durante 20 minutos e as cenoiras 15 minutos, os chicharos 6 minutos,os ovos 11 minutos, as xudias 12 minutos
  2. Pelamos as patacas e as cenoiras, cortamos en paisana grande, mesturamos nun bol cos chícharos e os ovos cocidos cortados en paisana. (deixamos un enteiro para decorar) o tono desmenuzado e as olivas con oso.
  3. Facemos a maionesa ( 1 xema de ovo, por 1/2 litro de aceite de xirasol, unha pizca de sal, e mostaza americana, zumo de medio limón).Misturamos coas hortalizas.
  4. Limpamos o pemento vermello, deixando un par de tiras para a decoración.
  5. O resto do pemento o trituramos cun pouco de aceite de oliva e as olivas recheas de anchoa. Incorporamos esta mestura a preparacion anterior.
  6. Unha vez feita a mestura, poñemos no seu punto de sal, colocamos de xeito decorativo sobre unha fonte, e decoramos co ovo, olivas con oso, e tiras de pemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario