viernes, 3 de agosto de 2012

VITELO TONNATO

 

     Este é un prato italiano de carne con salsa de tono moi apropiado para servilo como entrante frío. Espero que vos guste.

 

 Vitelo tonnato

 

Ingredientes para 4 Persoas.

  • 400 gr de raxo de porco
  • salpementa
  • 1/4 maionesa
  • 150 gr de tono en conserva
  • unhas poucas alcaparras
  • 1/2 vaso de viño branco
  • aceite de oliva
  • 1 cebola
  • perexel picado

 

Vitelo tonnato (3)

 

Elaboración.

  1. Marcamos o raxo nunha tixola a lume forme. Poñemos sobre nunha bandexa de forno e facemos o raxo a 160º durante 6 minutos aprox.
  2. Logo deixamos arrefriar e cortamolo na cortafiambres, dispoñemolo sobre un prato.
  3. Por outra banda, cortamos unha cebola en xuliana e a resolamos en aceite. Engadimoslle o tono desmenuzado, o vaso de viño. Unha vez refritido, deixamos arrefriar. Cunha batidora, trituramos a mistura de maionesa e botamos enriba do prato, napamos, e espolvoreamos de alcaparras e perexil picado.
  4. Gardar na neveira ata o servizo na mesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario