viernes, 10 de agosto de 2012

Fideos con carne


Este é un prato que polo xeral gústalle a todo o mundo. Neste caso os fideos fixémolos con carne, pero tamen se pode facer con polo, ameixas, etc.

2012-07-30 13.37.54



Ingredientes para 4 persoas:

  • 1 kg. de carne de paleta de porco
  • 1 pataca grande
  • 1 pemento vermello
  • 2 cenorias
  • 150 gr. de chícharos
  • 1 folla de loureiro
  • 1 Kg. de fideo groso nº5
  • 2 dentes de allo
  • Perexil picado
  • Salpementa
  • Caldo vexetal
  • 1 sobre de azafrán

 

2012-07-30 13.38.02

 

Elaboración:
  1. Nunha pota cubrimos o fondo de aceite de oliva, unha vez que esté quente votamos a carne en dados adobada.
  2. Cortamos as hortalizas en paisana e lascas, refogamos un pouco e cubrimos co caldo. Engadimos o azafrán, a folla de loureiro e sazoamos.
  3. Por último engadimos o fideo edeixamos cocer 20 min. e apagamos o lume. Debe repousar 5 min. e espovoréase de perexel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario