Este postre é moi fresquiño para a tempada de verán, o plátano e unha das frutas mai sabrosas que temos en españa, co platano tamen podemos facer moitos postre e tamén comidas.
Ingredientes para 4 persoas
- 250 gramos de plátano
- zume dun limón
- zume dunha laranxa
- 125 gramos de azucre
- 1 culler de auga
- 3 follas de xelatina remolladas
- 360 ml de tona líquida
Elaboración.
- Nunha batidora, misturamos os zumes cos plátanos e o azucre, despois triturámolo.
- Poñer a remollo as xelatinas na auga, cando estéan brandas, quentamos a auga e a desfacemos.
- Fora do lume, unha vez templada, misturamos có pure de plátanos.
- Montamos a tona, cando estea semimontada, misturamos co puré
- Vertemos a mousse nunhas copas de coctel, e o metemos a neveira a refrixerar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario