A mazá é o froito da maceira, máis particularmente, da maceira doméstica, árbore froiteira amplamanete cultivada. Xeralmente, distínguense tres tipos de mazás comestibles: as mazás de sidra, as mazás de mesa ou mazás "de coitelo" e as mazás para cocer, que pertencen a un dos dous primeiros tipos pero soportan ben a cocción
Ingredientes para 4 Persoas. Postre
- unha placa de follado
- 1 litro de crema pasteleira
- 4 mazás golden
- 1 paquete de xelatina de limón
- azucre
Elaboración.
- Estirar a placa de follado nunha bandexa de forno.
- facemos a crema e a deixamos enfriar. Cando estéa fría, a extendemos pola placa e se lle coloca as rodaxas de mazá partidas pola metade.
- espolvoreamos de azucre e metemos no forno a 175º durante 30 minutos.
- Facemos a xelatina de limón e pintamos por riba da tarta cando estea algo fría.
Je, je je, esa tocounos a Carla e a min,mira que teño feito tartas de maza na miña vida, pero como a desta receita ningunha !esta riquisimaaaaaaaaaa! Dou fe.
ResponderEliminar