viernes, 10 de agosto de 2012

PEITUGAS RECHEAS CON FROITOS SECOS E ARROZ PILAW CON UVAS PASAS

 É un segundo prato, como tantos outros xa presentados nesta páxina, moi rico e de moi fácil elaboración.



Ingredientes para 4 persoas:
  • 1 peituga de pavo e outra de polo
  • 200 gr de ameixas negras secas
  • 150 gr de orellóns
  • sal e pementa
  • 200 gr de arroz longo
  • 1/2 cebola
  • 2 dentes de allo
  • perexil picado
  • 200 gr de uvas pasas
  • 1/4 litro de fondo oscuro


Elaboración:
  1. Fileteamos as peitugas e as sazoamos. Recheamos con froitos secos. Envolvemos en film moi ben apretadas.
  2. Cocemos as peitugas en vapor uns 15 minutos. retiramos o film e cortamos en anacos algo grosos.
  3. Posteriormente cocemos o arroz en auga salgada uns 15 minutos, primeiro debe romper a ferver o auga e despois botamos o arroz. Escurrimos e refrescamos para quitarlle o almidón.
  4. Por outra banda, refogamos a cebola cortada en paisana xunto co allo cortado en brunoise.
  5. Salteamos o arroz coas uvas pasas, espolvoreamos con perexil.
  6. Poñemos a punto o fondo de tenreira.
Montaxe:
  • Colocar as dúas pezas de peituga rechea nun lado, facer cun aro un bouquet de arroz e salsear por riba da peituga coa salsa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario