E un prato que se elabora de moitas maneiras. Pódese presentar como primeiro prato, guarnición ou entrante, tamén se pode utilizar como recheo de empanadas. E un prato típico vasco e o ingrediente principal que o diferencia do resto dos pistos e a cabaciña. As verduras córtanse pequenas e sirvese moi quente.
Ingredientes para 4 persoas:
1 cabaciña
1 cebola
2 pementos verdes tipo italiano
2 dentes de allo
4 ovos escalfados
2 tomates
salpementa
perexil picado
Elaboración:
1- Cortar as hortalizas en mirepoix pequena.
2- Nunhatixola cunha gota de aceite de oliva, salteamos todo e sazonamos.
3- Cando esté a verdura medio feita botamoslle os tomates en concasse. Deixar que se desfaga.
4- Facer os ovos escalfados nunca pota con auga e vinagre sen sal durante 3 min. E importante remexer a auga cando se bota o ovo para darlle forma.
5- Colocar os ovos enriba do pisto a hora de servilo. Espolvorear con perexil picado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario